A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E COMERCIANTES PONTESA ABRE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NA CAMPAÑA MERCA NAS PONTES

A iniciativa está aberta a todo tipo de establecementos da localidade
A Asociación de Empresarios e Comerciantes de As Pontes atópase inmersa xa na promoción da súa campaña de Nadal “Merca nas Pontes. Unha campaña na que poden tomar parte todo tipo de establecementos da localidade, sexan ou non asociados da entidade.
Ata o vindeiro 29 de novembro está aberto o prazo de inscrición, polo que o persoal da Asociación está á disposición das firmas interesadas para informarlles dos detalles desta iniciativa, que se ven celebrando dende hai máis de 10 anos con moito éxito, e inscribilos se así o desexan. Poden contactar coa Asociación por teléfono: 981 45 11 53 (en horario de 9:00 a 13:00 horas) ou por mail (asoc.empresarios@mercanaspontes.com).
A iniciativa pretende impulsar as vendas do sector comercial e promocionar a gran variedade de oferta existente na vila pontesa. Ao mesmo tempo, quérese premiar a fidelidade e confianza que deposita o cliente no comercio de proximidade.

También podría gustarte
Comentarios