Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS: 1/2 – Febreiro – 2014

inicio.jpg
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – CUD Narahío (1-1)
O segundo equipo volveu a tropezar na mesma pedra, e tras conseguir unha gran vitoria (2-5) a pasada xornada ante un dos equipos de arriba o A Capela, volveu deixar escapar dous puntos ante o penúltimo clasificado, o Narahío, o que o lastra definitivamente na loita polo ascenso que queda entre o Cedeira (39) e o Rápido de Neda (37). Xa máis lonxe están A Capela 31, As Pontes 30, Ortigueira e Mandiá 28. Precisamente nun complicado desprazamento visitará o As Pontes ó Mandiá. O encontro contra o Narahío disputouse no campo dos Calzados da Capela.


LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – CD Conxo (3-3)
O equipo xuvenil empatou a falta dun minuto para o final a tres goles ante o Conxo santiagués un partido que ía gañando por 3-2. O terreo de xogo do anexo do Poboado estaba completamente embarrado, que imposibilitaba a práctica do fútbol. Habendo tres descensos momentáneos, Betanzos e Orillamar teñen 22 puntos, O Val 19, As Pontes 17, Imperátor 13 e o Fátima, a revelación das últimas semanas, que gañou na casa do cuarto clasificado Sporting Estrada (0-1), xa ten 9. Necesitan gañar o sábado en Negreira.
“xuvenil”
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA CADETE: R. Ferrol B – CD As Pontes (2-1)
Perdeu o As Pontes cadete por 2-1 diante do Racing de Ferrol B, e marcha na quinta posición con dez puntos á espera de recibir ó derradeiro clasificado, Cultural Maniños.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – Narón BP (3-1)
Moi ben o Infantil, que venceu 3-1 a un sempre complicado rival como é o Narón BP en partido disputado na mañá do domingo no campo dos Calzados da Capela. Xunto co Portuarios (16) manteñen o pulso co Racing de Ferrol B (19), antes de visitar ó Miño, antepenúltimo clasificado.
“infantil”
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
AD Miño B – CD As Pontes B (6-1)
O Alevín B sucumbiu (6-1) no campo do Miño B, equipo que logra a súa primeira vitoria da tempada, e ademais por goleada. Reciben na vindeira semana ó Cebarca da Barqueira.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD Cariño – CD As Pontes B (4-0)
O Prebenxamín B perdeu por 4-0 ante líder Cariño. O vindeiro sábado recibirá ó Rápido de Neda B.
PARTIDOS APRAZADOS
Debido ó mal estado dos terreos de xogo do Poboado e ó mal tempo (chuvia, sarabiada e treboada) foron aprazados os partidos das categorías alevín (As Pontes-Ánimas B), benxamín (As Pontes A-As Pontes B) e prebenxamín (As Pontes-Gª Mugardos) que se ían disputar na mañá do sábado. O equipo infantil e o filial de Segunda Autonómica tiveron que xogar como locais no campo dos Calzados, da Capela. Un terreo de xogo de herba artificial que parece vai ser habitual para os equipos de base do As Pontes, de seguir esta adversa climatoloxía con intensas chuvias e moito frío.
“campos”
campos
campos
campos
campos
campos
campos
campos
campos
campos
campos
Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

También podría gustarte
Comentarios