Amigus
As Pontes

Galicia Espallada: Internet consolídase como o nexo de unión dos emigrantes

Lendo codigocero.com:
“Para os galegos na emigración, algo tan extenso e global como Internet está a consolidarse estes anos como un punto de unión co pequeno e co concreto, neste caso Galicia. Se hai uns días falabamos da comunidade Fillos.org e a primeira reunión non virtual dos seus membros, agora toca falar de Galicia Espallada, unha iniciativa de dous descendentes de galegos en Arxentina que pretende difundila cultura dos seus devanceiros dunha maneira amena e innovadora grazas ó uso das novas tecnoloxías.”…


…”Galicia Espallada é unha páxina web que está a piques de cumplir os seus tres primeiros anos de vida e conta xa con centos de miles de consultas anuais nas súas máis de 1.200 páxinas.
O propio nome de Galicia Espallada, indica dunha maneira clara e sinxela o verdadeiro significado desta páxina: reunir na rede a tódolos galegos espallados polo mundo enteiro e difundir para eles a cultura do seu país. Nesta web podemos atopar moi diversas seccións como son a de historia, cultura (lendas, tradicións, festas, mitoloxía…), música, plástica, arte, gastronomía, ecoloxía, actualidade, opinión, emigración e literatura. Na sección de literatura hai unha escolma dos mellores escritores galegos dende Rosalía ata os nosos días. Na de cociña atoparemos as mellores recetas da cociña tradicional galega, onde non se bota en falta a receita da famosa queimada xunto co seu conxuro para espantar meigallos.
O idioma galego e o galeguismo son dous elementos permanentes nesta páxina web, que ademáis conta cun apartado que permite ós visitantes enviar cartas de opinión, noticias, experiencias, etc.”
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios