OGG – Copyleft – Sinatura Dixital

Lendo glug.es:
“Tras escoitar diferentes opinións do Mundo Libre, e analizar diferentes opcións de licencias, atópase lista para lanzar unha nova estratexia de Licencias de Música Libre (LML) baseada no seguinte:
1. Formato .ogg (por ser libre de patentes).
2. Liberdade de elección de cesión de dereitos (Full Copyleft).
3. Autoridade de Certificación Musical (sinatura dixital de licencia embebida no .ogg).”…

musicalibre.jpg


…”En musicalibre.es, temos listo para lanzar este novo concepto que creemos que vai ser algo moi importante dentro do mundo libre e do Copyleft, relaionado coa música. En virtude de todo o que fumos aprendendo, gracias ás suxerencias que nos deron día a día os que saben moito máis que nosoutros do mundo libre, preferimos nestos momentos, pedir axuda novamente para poder mellorar, pulir tódolos detalles desta idea e levala adiante gracias á opinión de todos (en definitiva sometelo á opinión pública do Mundo Libre de Internet ata que acade a madurez precisa para aplicala na web, como se fora unha RFC). Para que esta idea sexa de todos, lanzamos o debate na nosa web (http://www.musicalibre.es/modules.php?op=modload&name=XForum&file=forumdisplay&fid=12)
e precisamos que nos apoien, colaboren e opinen todo o que desexen, para que non nos equivoquemos e poida ser unha licencia eficiente para a liberdade e realizada coa opinión de todos. Os puntos fortes da idea son:
– Permitir que os artistas licencien as súas cancións de forma totalmente flexible e independente.
– Xerar un arquivo .ogg que embeba a licencia (LML) completa nos seus respectivos Tags.
– Crea-los mecanismos criptográficos precisos para garanti-la Propiedade, Non repudio e Integridade dun arquivo musical (con licencia LML embebida).
– Ofrece-la posibilidade de verificación de integridade (Non modificación de canción, datos de autor e/ou LML) de calquera arquivo .ogg, licenciado e certificado a traveso de musicalibre.es, por medio do almacenamento de claves públicas e sinatura dixital do arquivo .ogg.
– Permitir garanti-la propiedade dunha canción licenciada por LML a traveso da clave privada ante calquera tipo de conflicto.
– Ofrecer unha alternativa contundente ó concepto de Copyright, pois estanse garantindo máis aínda os dereitos de autor, a traveso dos mecanismos informáticos actuais (Integridade, non repudio e propiedade).”…
Fonte: glug.es

También podría gustarte
Comentarios