Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 15-16-17 /XANEIRO/ 2016

Terceira fin de semana de ano que viviu un empate do As Pontes no último suspiro, o que significa o seu primeiro punto en cinco partidos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Terceira fin de semana de ano que viviu un empate do As Pontes no último suspiro, o que significa o seu primeiro punto en cinco partidos. Boas vitorias do xuvenil, cadete, feminino, e primeiro triunfo do infantil. Pola contra, escandalosa derrota do segundo equipo en Caranza, 10-0.

SEGUNDA AUTONÓMICA GALEGA (Ferrol)
SCDR GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES “B” (10-0)

Hecatombe do segundo equipo, que perdeu 10-0 en Caranza, algo que non se recorda por estes lares. Os ferroláns gañaban 6-0 ó descanso e 9-0 no minuto 57. Goles de Yeray Daza (4), Brais Martínez (3), Martín, Pedro Garrote e Yago Martínez.
Xogaron Rafita, Caínzos, Jandro, Darío, Manu, Totti, Nieto, Guille, Novo, Casas e Ruben, saíndo despois Diego, Alejandro, Jorge e Adrián. Toca olvidalo canto antes en pensar na visita do San Mateo, quinto, estando sétimos con 9 puntos.

PRIMEIRA GALEGA XUVENIL (D. Ferrol)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (7-0)

Moi ben o xuvenil que goleou a un rival de tronío coma o Eume (7-0), co que se sitúan cuartos con 12 puntos, por detrás do intratable Portuarios (21), aínda que máis preto están Numancia (15) e CD Narón (14). A vindeira semana visita ó colista Cariño.
Xogaron Manuel, Ángel, Jorge Rodríguez, Alex Cabarcos, Alex Blanco, Brais Blanco, Rey, Iván, Ayrton, Miguel e Jandro, saíndo despois Xose, Martín, Alex Pico, Andrés e Lino. Saiuse Miguel que marcou cinco tantos, por un de Xose e Andrés.

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (1-0)

Vitoria pola mínima do equipo feminino ante o Ortigueira (1-0), tanto de Paula Baamonde no final do primeiro período, e as de Pita que seguen en racha, xa con 32 puntos, na sexta praza, que afianzan, porque os postos de arriba están imposibles con EFR Ferrol (54), Maniños (44), San sadurniño e O Val B (43), e CD Narón (39).
Próxima semana visita ó penúltimo clasificado con catro puntos, Cebarca. Xogaron Leti, Yolanda, Uxía, Nuria, Indira, Vicky, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Yaiza e Xeila.

PRIMEIRA GALEGA CADETE (D. Ferrol)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (0-3)

Triunfo importante do cadete, 0-3 en Pontedeume, O encontro mantívose igualado ata o último tramo da segunda metade onde os tantos de Bruno, Alberte e Cazás, desnivelaron a balanza e fan que os As Pontes siga líder empatado co Portuarios a 19 puntos, seguidos de Eume e Numancia con 13. Partidazo a vindeira xornada no Poboado, As Pontes-Portuarios.
Xogaron Nesi, Alex López, David, Fraga, Bruno, Javi, Carlos, Chema, Dani, Alberte, Alex Barro e no segundo tempo Pani, Mateo, Cazás, Manuel e Andrei.

PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL (D. Ferrol)
CD AS PONTES – CCRD PERLÍO (4-0)

Gran triunfo do infantil que se estrea con tres puntos no grupo dos mellores tras unha contundente vitoria ante o Perlío (4-0). Dous tantos de Xan, e un de Vicente e Nono.
Xogaron Edgar, Nono, Antonio, Iván, Santi, Xan, Manuel, Javi, Eyob, Vicente, Adrián e logo xogaron Juan, Dani, Xoel, Marcos e Joao. Oitavos con tres puntos visitan a semana que vén o CD Narón, cuarto con nove.

PRIMEIRA CATEGORÍA ALEVÍN (D. Ferrol)
CD AS PONTES – SCDR GALICIA DE CARANZA “B” (4-1)
Gª MUGARDOS “B” – CD AS PONTES “B” (3-3)

O Alevín A gañou 4-1 ó Galicia Caranza B, tantos de Alejandro López, Samuel Seco, Sergio Da Silva, e un en propia meta. Son terceiros con 7 puntos antes de visitar ó Rápido de Neda B, penúltimo. O Alevín B pola súa parte empatou 3-3 na súa visita ó Mugardos B, con dous goles de Alex Montero e un de Eloy Pita. Cuartos con 8 puntos reciben ó Animas B, oitavo.

PRIMEIRA CATEGORÍA BENXAMÍN (D. Ferrol)
SCDR GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES (3-2)
CD AS PONTES “B” – O FREIXO NARÓN “B” (3-2)

O Benxamín A perdeu 3-2 en Caranza, goles de Anxo Blanco, de penalti, e Xandre Fernández, afianzándose os ferroláns no liderato xunto ó Val C e Cebarca, quedando os azuis cuartos con 6 puntos. Precisamente os azuis recibirán ós valexos. O Benxamín B gañou 3-2 ó Narón Freixo B, con tantos de Diego Lozano, de penalti, e Destaw Pellón. O primeiro en propia meta. Quintos con 3 puntos visitan ó Eume B, oitavo.

PRIMEIRA CATEGORÍA PREBENXAMÍN (D. Ferrol)
SCDR GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES (1-0)
CD AS PONTES “B” – CD NARÓN “B” (3-2)

O Prebenxamín A perdeu 1-0 en Caranza cun tanto que chegou nos últimos minutos. Cuartos con 6 puntos, reciben ó perigoso Neda, segundo, e que xa lles gañou os dous partidos na primeira fase. Vitoria do Prebenxamín B, 3-0 ante o CD Narón B, co que seguen líderes empatados a 12 puntos co Barallobre. Goles de Lucas Blanco, Xandre Domínguez e o outro, moi propio destas categorías, tamén en propia meta. Próxima visita ó complicado Ortigueira que ten 9 puntos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios