Amigus
As Pontes

DOBLETE PONTÉS NO CAMPIONATO GALEGO DE RALLI SLALOM

Adrián Bouza revalidou o título do ano pasado, sendo segundo na proba de Fene, a só 14 milésimas do gañador, e Pablo Castro proclamouse subcampión.

Adrián Bouza revalidou o título do ano pasado, sendo segundo na proba de Fene, a só 14 milésimas do gañador, e Pablo Castro proclamouse subcampión.

Trala derradeira proba desputada en Fene, o piloto pontés Adrián Bouza Soto proclamouse Campión Galego de Rally Slalom, revalidando o título que xa gañara na edición de 2015.

No 2013 fora segundo, e terceiro en 2012 e 2014. Polo tanto completa o seu quinto ano consecutivo subindo ao caixón.

Foi subcampión outro pontés, Pablo Castro Pajón, que mellora con respecto á terceira praza obtida o ano pasado.

Na duodécima edición da proba nocturna disputada en Fene, dos 45 participantes, resultou vencedor Rubén Gandoy, da Escudería Ferrol, que fixo o mellor tempo contabilizando as dúas mangas oficiais, con 1:54:535.

Apenas a tan só 14 milésimas quedou Adrián, do Meira, pois fixo un tempo de 1:54:549, quedando na terceira praza Pablo, de As Pontes Motorsport, con 1:55:866.

A partir da cuarta praza os tempos xa se foron a máis dun minuto e 57 segundos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios