I CROSS VILA DE AS PONTES

Disputouse na mañá do domingo acompañado dunha boa metereoloxía.

Preto de 250 atletas déronse cita nunha mañá soleada de domingo na Carballeira da Fraga pontesa para a disputa da primeira edición do Cross Vila de As Pontes, organizado polo Clube Atletismo Olympo, coa axuda do Concello pontés.

Nunha proba na que se disputaron ata seis categorías, nos máis pequenos, nos prebenxamíns, o ouro foi para Iker Díaz, por diante de Daniel Ferro e Yago Bouzas. Nas prebenxamíns, a gañadora foi Lúa Fontao, por diante de Alicia Rodríguez.

En benxamín masculino triunfou o xogador do CD As Pontes Xandre Domínguez, quedando segundo o seu compañeiro de equipo Lucas Blanco, e terceiro Carlos Bouza. Pola súa banda Antía Arnoso logrou o ouro, gañando a carreira por diante de Alba Pena e Noa Souto.

Diego González e Marta Ventura gañaron a proba alevín, seguidos de Mateo Nuñez e Borja López, e Puerto Sainz e María Herida, respectivamente.

En Infantil masculino, Hugo Blanco superou o bo bagaxe do seu irmán pequeno, logrando o ouro, seguíndolle no podio Antón García e Martín López. África Morales gañou a proba feminina por diante de Celia Durán e Paula Criado.

En cadetes Xoel Trastoy venceu a Antón Cobelo, mentres que María Prieto foi a gañadora desta categoría e a prata e o bronce foron para Cristina Souto e Laura Bellas.

Por último, na categoría absoluta venceu Óscar Buján, e acompañárono no podio Carlos Bouza e Juan Rejas. Laura Cabarcos impúxose na carreira absoluta feminina, secundándoa no podio Rocío Fernández e Rebeca Soto.

Entregou as medallas ós atletas o Concellal de Deportes, Chicho Tembrás, no evento amenizado polo gran speaker Xalo Mairas.

Ao mesmo tempo, a panadería local de San José obsequiou cun manteigado por cada kilo de peso aos gañadores nas competicións absolutas masculina e feminina. Tratáronse de 110 manteigados, 50 para a gañadora e 60 para o vencedor.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios