O Fendetestas pontés recibe este domingo no Campo Monte Medulio ó Campus Universitario de Ourense Coosur “B”, ás 12:30 horas.
Os verdes, segundos, buscarán a vitoria para seguir metendo presión ó líder Crat A Coruña B, e para tentar de resarcirse da derrota en Ourense na primeira volta 35-19.
Sobre todo tendo en conta que os ourensáns tan só gañaron ese encontro ante os ponteses e contra o colista Barbanza, perdendo no resto de partidos.
SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA (9ª xornada)
CR FENDETESTAS – CU OURENSE COOSUR “B”
Domingo 22 – Xaneiro – 2017 (12:30h)
Campo Monte Medulio
Nova cortesía de Xose Ferreiro