O ESTEO FÚTBOL SALA

O equipo pontés visita ó Albense e a semana que vén ó Guardo.

O Esteo pontés volve á competición tras máis dun mes de parón. Visita Alba de Tormes para enfrontarse ó Albense.

Os de Javi Saa son sextos con 20 puntos mentres os casteláns leoneses son novenos con 15. Pero non é unha boa pista para os ponteses pois dende o seu estreo en Segunda B perderon aló, 11-4 e 3-1, conseguindo un empate a 2-2 a tempada pasada.

Logo deste encontro O Esteo visitará ó Guardo, no que será o comezo da segunda volta, equipo que gañou na Fraga por 4-5.

O adestrador pontés conta coas baixas de Javichu e Púas por motivos laborais, así que terá que botar man dalgún xuvenil.

SEGUNDA DIVISIÓN B (13ª Xornada)
CD ALBENSE – O ESTEO FS
Sábado 21 – Xaneiro – 2017 (18:30 h)
Pavillón Municipal Alba de Tormes (Salamanca)

LIGA PROVINCIAL DE LUGO (10ª)
O ESTEO FS “B” – COVIRÁN (QUIROGA)
Domingo 22 – Xaneiro – 2017 (12:30 h)
Pavillón Municipal de A Fraga (As Pontes)

LIGA DA TERRA CHÁ
SÁBADO 21-XANEIRO, PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
Infantil (09:30): O ESTEO F.S. – OUTEIRO
Benxamín (10:30): O ESTEO F.S. – OUTEIRO
Alevín (11:20): O ESTEO F.S. – OUTEIRO

LIGA LOCAL DE FÚTBOL SALA DE AS PONTES (10ª xornada)
BAR CALVO – O ESTEO FS “B”
Domingo 22 – Xaneiro – 2017 (20:00 h)
Pavillón Municipal de A Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios