Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

O vindeiro domingo día 22 de Xaneiro disputarase a decimo primeira xornada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, a segunda desta segunda volta.

O vindeiro domingo día 22 de Xaneiro disputarase a decimo primeira xornada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, a segunda desta segunda volta. Unha xornada que arrincará ás catro da tarde cun apaixoante encontro entre Unión Futbol Sala e Matojoma-Las Torres no que ambos conxuntos buscaran a victoria que lles permita acercarse mais á cabeza da táboa clasificatoria xa que os dous primeiros clasificados, A Cova dos Trasnos e o Estanco Maricarmen medirán as suas forzas ás sete da tarde no que sen dúbida alguna será o partido da xornada. Ambos equipos están separados por tan solo un punto na clasificación pero ainda que se prevé un partido moi igualado e quedando prácticamente toda a segunda volta da Liga, por xogarse, pode marcar un punto de inflexión en ambos equipos de cara a conseguir o título ligueiro. O Bar Calvo, con gañas de puntuar tras tres derrotas consecutivas, intentará pescar en rio revolto enfrentándose a O Esteo F.S. “B” e sabendo o que fixieron os seus predecesores na clasificación xa que ambos conxuntos xogaran o encontro que cerra esta xornada número 11. Nos outros dous encontros que faltan por comentar, o Husse-Barbarroja enfrentase ao Pinturas Colormix nun partido igualado na zona baixa da clasificación e o Ribadeume F.S. enfrentase ao colista o N.G. UB2 Futsal que busca súa primeira victoria.
Os emparellamentos da xornada son:

XORNADA Nº 11

16:00 h. UNION FUTBOL SALA – MATOJOMA-LAS TORRES
17:00 h. HUSSE-BARBARROJA – PINTURAS COLORMIX
18:00 h. N.G. UB2 FUTSAL – RIBADEUME F.S.
19:00 h. A COVA DOS TRASNOS – ESTANCO MARICARMEN
20:00 h. BAR CALVO – O ESTEO F.S. “B”

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios