Amigus
As Pontes

Novo Pentium 4 Extreme Edition

Lendo elmundo.es:
“Intel anunciou esta semana unha nova versión do seu procesador Pentium 4 cunha dosis extra de ‘caché’, no que parece unha maniobra calculada pola empresa para desvia-la atención do esperado lanzamento do Athlon 64 de AMD, previsto para o 23 de setembro”…


…”O procesador chámase Pentium 4 Extreme Edition, de 3.2 GHz e leva unha memoria ‘caché’ de 2 MB a tres niveles, segundo as declaracións do vicepresidente executivo de Intel, Louis Burns, citadas por CNET News. Os chips Pentium 4 actuais teñen 512 KB de ‘caché’ secundaria e non leva ‘caché’ de terceiro nivel.
Os fabricantes de ordenadores poderán comezar a vender PC con este novo procesador nun prazo que oscila entre os 30 e os 60 días. ‘O aumento das súas capacidades é asombroso’, declarou Burns.
O novo Pentium 4 Extreme Edition é practicamente igual ó Xeon MP de 2 MB de caché a tres niveles, deseñado para servidores multiprocesador e que leva meses no mercado. A diferencia é que o primeiro é algo máis veloz e o seu aspecto é diferente, pero esencialmente ambos chips son iguais”.
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios