I RUTA TURÍSTICA AUTOMOVILÍSTICA “VILA DE AS PONTES”

Este sábado 18 celebrarase nas Pontes a primeira edición da Ruta Turística “Vila de As Pontes”, que organiza o Automóvil Club As Pontes, contando coa colaboración do Concello de As Pontes.

Este sábado 18 celebrarase nas Pontes a primeira edición da Ruta Turística “Vila de As Pontes”, que organiza o Automóvil Club As Pontes, contando coa colaboración do Concello de As Pontes.

Nesta primeira ruta turística poden participar toda clase de coches, habendo trofeos para os tres primeiros clasificados e para os tres primeiros coches clásicos e diplomas para tódolos participantes.

A inscrición custa 40 euros (piloto + copiloto), con cea incluída. A entrega de dorsais será no lugar de Saa (Bar O Cruce) entre as 15:00 e 15:30 horas do mesmo día da proba, de onde sairá a primeira sección ás 16:00 con chegada dos primeiros vehículos á praza do Carme de As Pontes sobre as 17:30 horas.

A saída da segunda sección será diante da Casa do Concello ás 18:00 con chegada dos primeiros participantes sobre as 19:30 diante do restaurante Casa Ana. O percorrido será por distintos lugares e parroquias do concello pontés.

Nova de cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios