Amigus
As Pontes

ACTUACIÓN DO CLUBE ATLETISMO OLYMPO NA COMPETICIÓN DE XOGADE

Dezaseis rapaces do clube competiron en Ferrol

O Clube Atletismo Olympo pontés desprazou ós seus máis xoves atletas a Ferrol para a disputa da Competición de Xogade.

En Benxamín Feminino, Carmen Alén foi 22ª nos 50 metros e 9ª en salto, mentres que Martina Fraga foi 20ª na carreira e 19ª en salto de lonxitude.

En Benxamín Masculino, Xavi Regueiro foi 17ª na proba dos 50 metros lisos e 23º no salto de lonxitude, mentres que Xalo González foi 65º na carreira e 47º no salto. Os outros catro competidores do clube fixeron a proba de salto de lonxitude, sendo Leo Álvarez duodécimo, Cayetano Franco vixéximo sétimo, David Graña quedou no posto 44 e Fernán Pena no 48.

Tamén, Cayetano, David, Fernán e Leo, competiron nos relevos do 4 por 50, quedando na sexta praza.

Na categoría de Alevín Feminino competiron en salto de lonxitude Noa Purriños, décimo novena, Marta Fernández, vixéxima, Paola Acevedo, que acadou o posto 29, e Aroa Domínguez, que finalizou na posición número 37ª.

As catro tamén integraron o relevo dos 4 por 60 acabando na cuarta praza.

Por último, en Alevín Masculino, Antonio Graña foi décimo no salto de lonxitude, Mateo Núñez vixéximo cuarto, Mateo García acabou 45, e Pedro Fontao 48.

Os catro participaron no relevo acabando na sexta praza.

Nova cortesía Atletismo Olympo e X.F.

También podría gustarte
Comentarios