Amigus
As Pontes

Chick Corea e Bobby McFerrin no Festival Jazz de Barcelona

Lendo elmundo.es:
“O Festival Internacional de Jazz de Barcelona celebrará este ano a súa 35 edición cun programa que se anuncia como o máis ambicioso da súa historia. Entre os artistas do cartel que aínda non se pechou figuran os artistas Chick Corea, Abbey Lincoln e Bobby McFerrin”…


…”Corea debutará en Barcelona co seu novo trío, mentras que Lincoln unha das derradeiras divas do jazz vocal, debuta no certame. McFerrin ofrecerá un concerto en solitario despois de 10 anos sen actuar na capital catalana.
Por outro lado, a empresa organizadora do festival, The Project, incorporou ó seu equipo como director artístico ó periodista e crítico musical e literario Joan Anton Cararach.
Esta nova incorporación pretende segundo o director da promotora, Tito Ramoneda, ‘converti-lo festival de jazz de Barcelona nun acontecemento que, ademais de contar cos grandes nomes do panorama jazzístico mundial, penetre en tódolos ámbitos sociais’. Ademáis, quérese dotar ‘o festival da persoalidade propia que se merece unha cidade coa tradición e a renovación jazzística de Barcelona’, engadiu.
Dende o 30 de outubro ata o 29 de novembro, o festival ofrecerá este ano máis de 25 concertos. Ademáis, potenciaranse as actividades complementarias como concertos familiares, conferencias, encontros cos artistas e clases maxistrais a cargos dalgúns dos músicos que participan no certame.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios