Amigus
As Pontes

Conexións remotas

Este artigo estouno escribindo dende a cama, co portátil con winXP e unha tarxeta inalámbrica DWL650+.
O caso é que para le-lo correo fáigoo dende o ordenador fixo que está na sala correndo un linux/gentoo e non me apetece erguerme para mira-lo que hai…

ssh_com.gif


O problema é que o correo míroo cun programiña que precisa dun entorno gráfico en linux, o sylpheed. Para poder facelo dende aquí baixei o putty.exe, que é un programiña maravilloso que me permite facer unha conexión por ssh con linux. Dende esta consola executo vncserver. Baixo o realvnc para windows, despois de instalalo executo o vncviewer conectándome co gentoo.
Agora xa vexo dende a cama o escritorio do linux que está na sala, e dende el traballo coma se estivese diante del -pero dende a miña camiña quentiña 🙂
Ben podía evita-lo uso do putty, pero como non me lembrei de poñer a correr o servicio vncserver no linux, pero si o sshd, non me quedou outra…..
Como vedes, aínda que non de todo simple -poñer a funcionar todo pode leva-lo seu tempo- unha vez o tes todo configurado, faise nun volao.
Todo isto poderiades facelo tamén dende internet, sen conexións inalámbricas como estou facendo eu….. isto é unha maravilla…..

También podría gustarte
Comentarios