Amigus
As Pontes

DOBLETE PONTÉS NO RALLY DE SARRIA

Fran Pico foi o vencedor, sendo segundo Pablo Castro

O Campionato Galego de Rally Slalom 2017 non puido comezar de mellor maneira para os pilotos locais, i é que, pese á ausencia do Campión da Xeral en 2015 e 2016, Adrián Bouza Soto, houbo doblete pontés.

Gañou Francisco Pico López, do As Pontes Motor Sport, cun gran tempo de 1:25:35, récord do circuito, sendo segundo o seu compañeiro de equipo, Pablo Castro Pajón, cuádruple campión de Asturias, que parou o crono en 1:26:97. Terceiro foi Marcos Díaz (1:27:49).

Dado que na segunda manga, ningún dos 24 participantes logrou mellorar o seu rexistro da primeira, aínda que Fran fixo un gran 1:25:84, os postos quedaron tal e como na primeira, polo que Pico suma 280 puntos na xeral, por 232 de Pablo.

Quedan para Xullo as probas de Moeche e Valga, en Agosto a de Castro, Touro en Outubro, rematando en Decembro coa proba nocturna de Fene.

Foto cortesía As Pontes Motorsport. Nova Cortesía Xose Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios