Amigus
As Pontes

ALVARIÑO CAE NA FRECHA DE DESEMPATE ANTE O RUSO BALDANOV

Pablo Acha foi o mellor competidor español tras alcanzar a cuarta rolda

O pontés Miguel Alvariño García caeu na frecha de desempate na rolda de dezaseisavos de final no Mundial de México ante o ruso Arsalan Baldanov.

O duelo foi moi disputado. O ruso gañou o primeiro set 25-27, e Miguel o segundo 29-28. Tras empatar o terceiro 28-28, ambos repartíronse o cuarto (29-28) e quinto (28-29).

Na frecha de desempate fixeron un nove, pero o do ruso algo máis próximo á diana, o que lle deu o pase aos oitavos de final.

Rolda que alcanzou Pablo Acha, tras vencer 6-2 ó alemán Florian Kahllund, e caer despois ante o holandés Steve Wijler polo mesmo marcador.

Precisamente o holandés, e o verdugo de Alvariño, pelexarán o bronce, mentres que polo ouro, Wei, de China Taipei, e Im, de Corea do Sur.

No feminino, a única española en competición, Mónica Galisteo, caeu na terceira rolda contundentemente ante a francesa Brianne 0-6, clasificando para disputar o bronce a estadounidense Brown, e Tan, de China Taipei, e polo ouro, a coreana Chang e a rusa Perova.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios