Amigus
As Pontes

BMW utilizará a tecnoloxía Wi-Fi para reduci-los atascos

Lendo wireless-station.com:
“Un sistema de comunicación por unha rede inalámbrica entre automóviles concebido pola marca alemana BMW permitirá reduci-lo número de atascos mediante o intercambio de información sobre o tráfico.
Segundo o fabricante, o concepto chamado ‘ConnectedDrive’ xa funciona a nivel experimental e permite que poidan comunicarse directamente e con rapidez varios autos gracias a esta tecnoloxía de comunicación, que gaña cada vez máis adeptos entre os usuarios de computadores portátiles.”…


…”A información sobre o tráfico rodado será completada no futuro con outros servicios telemáticos, que serán transmitidos dun automóvil a tódolos que se atopen no radio de cobertura de WirelessLAN.
Cada vehículo fai as veces de transmisor, receptor ou mediador (por un router) da nova sobre un atasco, por exemplo, para divulgala ó seu entorno, sen que se precise ningunha infraestructura de telecomunicacións, dixo Burkhard Goeschel, xefe de desenvolvemento de BMW no primeiro foro de telemática celebrado en Berlín.
A marca bávara apostou por este sistema coa perspectiva de que outros fabricantes o adopten coma estándar único de comunicación, que abarcará tamén servicios online de contidos e informes sobre o tráfico.
Ademáis, datos técnicos do vehículo, coma o encendido das luces de freos ou o funcionamento do sistema de freado ABS e o uso do limpiaparabrisas poden dar unha pista sobre o estado da carretera, especialmente en caso de neve ou xeo, que outros conductores rexistran nas súas computadoras de a bordo mediante sinais ópticas e acústicas.”
Fonte: wireless-station.com

También podría gustarte
Comentarios