Amigus
As Pontes

amigus-party semana-santa-2006

13, 14 e 15 de abril no local social das Campeiras.


Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración da Asociación de Veciños das Campeiras e con conexión a Internet gracias a OPENOR.
Poderedes asistir á party, ás charlas ou ós obradoiros… OU A TODO 😉 non é precisa entrada ningunha, será todo gratuito. O único que vos pediremos será que vos apuntedes no formulario que se indica máis abaixo. Se non o facedes, non vos garantimos que poidades asistir, xa que as prazas son limitadas.
Para asistir á amigus-party semana-santa-2006 debes vir equipado co teu ordenador e todo o preciso para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador, a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:
CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou tarxeta inarámica.
Regreta de enchufes.
Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
Roupa para os 3 días, toallas e útiles de aseo.
Saco de durmir e esterilla.
DNI.
Aparte disto, é recomendable traer:
Unha almofada.
Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
Un cd de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
Cargador de teléfono móbil (se tes teléfono móbil).
Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes, antes de acudir a amigus-party semana-santa-2006, e que instales un antivirus.
O prazo de inscripcion remata o 12 de abril ás 16:00 horas, e pódela realizar cubrindo este formulario
O xoves 13 de 16:00 a 20:00 tendremos un taller de vídeo dixital e o venres 14 de 16:00 a 20:00 tendremos un taller de animación e programación en Flash
Además, esta edición da amigus-party temos campionatos de Counter Strike 1.6 torneo 5 vs 5 e Call of Duty PC vs MAC, organizados por www.g3t-gaming.com.
CS 1.6 Torneo 5 vs 5
-MR15 (millor de 15 rondas)
-Elección de bando por sorteo ou pacto entre equipos
-Tempo de ronda 2 minutos e Freezytime 7 segundos.
-Bomba 35 segundos.
-Mapas: de_dust2, de_aztec, de_inferno
En función da xente que se inscriba, o campionato consistirá nunha primeira fase de grupos y despois eliminatorias directas a dobre mapa.
Call of Duty PC vs MAC
Modo de xogo , a decidir co persoal dispoñible para o partido.

También podría gustarte
Comentarios