Amigus
As Pontes

PREMIO DE IDEAS EMPRENDEDORAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS NO CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO

O Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro dende a súa creación traballa por fomentar a iniciativa emprendedora e facilitar o camiño a quenes deciden comezar a traballar creando a súa propia empresa no Casco Histórico de Viveiro.
Este concurso de proxectos empresariais ten como obxetivo o fomento do espíritu emprendedor no Casco Histórico de Viveiro. Trátase dun proxecto promovido polo Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro coa colaboración do Excmo Concello de Viveiro, a Consellería de Innovación e Industria, e Caixa Galicia.

cartel_viveiro.jpg


O seu obxetivo é estimular e facer ver que o futuro comercial de Viveiro pode basearse en ideas innovadoras que ainda non se desenrolasen no seu entorno. Sinxelamente, desexa facer ver a todos os emprendedores unha posibilidade comercial baseada en gran parte na súa visión e imaxinación.
Os proxectos presentados terán como obxetivo propoñer unha idea que poda dar orixe a unha realidade empresarial acorde co as condicións propias do Casco Histórico de Viveiro.
As bases pódense solicitar nas oficinas do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro:
Travesía da Marina 29, entr. 1-D   27850 Viveiro  Tlf/Fax 982 55 07 07   
gerencia@comercio-viveiro.com
Para mais información podes visitar www.comercio-viveiro.com sección actividades.

También podría gustarte
Comentarios