Amigus
As Pontes

Valoración da mesa redonda ‘As pedras tamén morren’

Sábado 17 de Xuño do 2006, na Casa Dopeso
A gran abstención política na participación do acto do pasado sábado, lévanos a plantexarnos en primeiro lugar, unha autocrítica en positivo analisando os cauces de comunicación postos en marcha e en que medida puideron ser insuficientes. Ademais invádenos a curiosidade de saber en que recuncho das Pontes se agocharon os nosos representantes políticos. A este respecto debemos aclarar que neste proceso non existen dúas posturas extremas, tal e como se chegou a indicar dende algún partido, nós non estamos en contra da autovía, estamos en contra da ineptitude e a desidia, froitos dos que se nutriron as mans escuras que consentiron unha brutal destrucción patrimonial nas Pontes, nos últimos corenta anos. En ningún momento a intención da plataforma foi poñer nun apreto preelectoral a ningún dos políticos convidados nin aos seus respectivos partidos. Só queriamos coñecer as posturas dos nosos representantes ao respecto da destrucción do anel lítico da Mourela e abrir dunha vez por todas un foro a nivel local onde a palabra Patrimonio significara algo para tod@s ¿é cecais tan complexo de entender?


O feito da escasa participación das asociacións locais no debate, si que nos preocupa de verdade, pois dende o comezo verquíronse informacións contradictorias sobor de todo o proceso, por parte de tódolos actores implicados, o que incidiu á baixa na nosa capacidade de chegar a tódol@s veciñ@s. Por isto cremos necesario e urxente abrir unha vía de contacto con tódalas asociacións locais, co obxecto de, por un lado informar contra a desinformación e por outro, buscar un punto de encontro onde xurda a colaboración, pois entedemos que isto é cousa de TOD@S. A Mourela non só ten unha importancia arqueolóxica e científica, senón que posúe tamén un importante valor como Patrimonio Inmaterial, pois é memoria de tódol@s galeg@s e isto nunca poderá ser destruido.
Debemos deixar claro que a plataforma non é só unha iniciativa cultural sen máis, é tamén unha posición legal na demanda do cumprimento da lexislación vixente a nivel galego, español e europeo en materia de Patrimonio Cultural, que manteremos non só no caso da Mourela senón tamén noutras desfeitas patrimoniais que se realizaron e que se seguen a producir hoxe en día no noso concello. Tanto ADEGA como a plataforma seguiremos a traballar nesta liña, ata darmos cos responsábeis desta barbarie.
Como cidadáns libres estamos no noso dereito de declararnos apolíticos e independientes de sombras escuras que movan os fíos do trebello. A maquinaria que puxo en marcha a plataforma nada ten que ver cos intereses partidistas nin duns nin doutros, é unha maquinaria ceibe, chea de forza e sentido común, que avanza rauda por esta maraña de irregularidades, nun proceso que atenta claramente ao noso patrimonio.

CANTO
MÁIS?

También podría gustarte
Comentarios