Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007

Lendo mancomun.org:
“O Premio Chris Nicol de Software Libre, de APC, é un recoñecemento ás iniciativas que axudan á xente común a empezar a usar o Software Libre. Este premio está dirixido a individuos ou grupos dedicados a facer do Software Libre unha ferramenta accesible para calquera persoa que use unha computadora.”…


…” O premio consiste en 4.000$ que poden dividirse entre dúas iniciativas como máximo, segundo o criterio do xurado…
No premio están buscando iniciativas que:
* melloran o acceso, o coñecemento ou a usabilidade do Software Libre
* están orientadas ao usuario
* están debidamente documentadas, de modo que outras persoas poidan aprender dese modelo e replicalo
* se pode demostrar o seu impacto pois xeraron un incremento no número de persoas que utilizan Software Libre nas súas actividades diarias
O premio está aberto para:
Os proxectos que apoian ou promoven un Software Libre orientado ao usuario. Pode presentarse calquera organización, grupo ou individuo de calquera parte do mundo. O formulario de aplicación debe enviarse en inglés ou en español, pero iso non implica ningunha restrición en canto á lingua orixinal do proxecto.
É necesario cumprimentar o formulario en liña para presentar candidaturas ao Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios