Amigus
As Pontes

O Concello de As Pontes reunirá o patrimonio arqueolóxico nun museo

[La Voz de Galicia] O Concello de As Pontes conta co apoio institucional la Dirección Xeral de Patrimonio e co respaldo técnico dos expertos da Universidade de Santiago para seguir adiante co proxecto de posta en valor dos seus recursos arqueolóxicos. Esa iniciativa incluirá a apertura dun museo no que se exhibirá de xeito permanente o material procedente das escavacións levadas adiante por Endesa nos anos 90 que pasaron a mans do Concello, que o garda nun local da estación de autobuses da vila.


Para custodiar e investigar ese material arqueolóxico, o Concello creou o Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas (LIA), que ata decembro do 2006 levaba Jacobo Vaquero. Ese contrato non foi renovado e agora o goberno local confía en que sexan expertos da Universidade de Santiago os que asuman esas funcións do LIA, informou Francisco Dasilva.
Exposición sobre o círculo
O primeiro tenente de alcalde de As Pontes explicou tamén que o proxecto incluirá tamén o deseño dunha exposición temporal na Casa Dopeso na que se explicarán aos veciños os principais recursos patrimoniais que se atopan no municipio, entre eles o círculo lítico de A Mourela. Nesta iniciativa, o Concello irá da man dos arqueólogos que investigaron ata fai unhas semanas este xacemento, con Andrés Bonilla á cabeza. O xoves pasado, Bonilla e mailos seus compañeiros visitaron As Pontes para manter encontros de traballo co alcalde, Víctor Guerreiro, e con Dasilva, a fin de perfilar xa como se artellará esa exposición para divulgar o que foi o círculo lítico prehistórico.
Na actualidade, a Dirección Xeral de Patrimonio está analizando o informe elaborado por Andrés Bonilla sobre a investigación nos últimos meses do xacemento de A Mourela. As conclusións de ese estudio -que nin o propio Concello coñece- serán determinantes para que Patrimonio decida si se conservan os restos do círculo lítico ou se destrúen para continuar coas obras da autovía Ferrol-Vilalba. Estos traballos levan meses de retraso a causa das escavacións.

También podría gustarte
Comentarios