Resultados do Xuvenil-Matojoma na regata provincial de Pontedeume e no Trofeo Entre Pontes de Pontevedra

A pasada fin de semana os piragüistas do Xuvenil-Matojoma voltaron á competición.

O sábado tocoulles ás nenas e nenos dos equipos de canteira desprazarse ata a veciña Pontedeume para a segunda regata da Liga da Deputación da Coruña. Celia Durán na categoría infantil A e Inés Dominguez en infantil B, ambas en k1, voltaron ao podio na competición provincial, Celia 3ª e Inés 2ª, e tamén volveu con medalla Leticia Niebla, neste caso 3ª alevín B. As benxamíns Antía García, Carmén Alén e Nerea Tojeiro remataron 5ª, 7ª e 9ª da súa categoría. Tamén participaron Iker Ramil (17º alevín A) e Antón García (5º infantil A k1).

O domingo tocoulles aos maiores desprazarse á primeira edición do trofeo Entre Pontes en Pontevedra, esta da liga galega.

En categoría senior, Miguel Domínguez e Adrián Paz remataron no posto 21º tras caer na primeira parte da regata o que non lles permitiu un resultado que prometía ser bo tras ver a boa saída que fixeran.

Na categoría veterano, tamén en k2, os ponteses ocuparon os postos 2º, 3º e 4º coas embarcacións tripuladas por Antonio Polo e Carlos Pedreira, Rubén Basanta e José García e José Antonio Menéndez e Ernesto Gancedo. Na mesma categoría, pero en k1, José Ferreira rematou 7º.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes
Fotografías cortesía de Sandra Alén, Alfonso Gaiteiro e Alfredo Bea

También podría gustarte
Comentarios