Amigus
As Pontes

ACTUACIÓN DE MIGUEL ALVARIÑO NA COPA DO MUNDO DE BERLÍN

Na cuarta cita da Copa do Mundo de Tiro con Arco

Tras pasar por China, Turquía e EEUU, ao longo desta semana estase a disputar en Alemaña a Copa do Mundo de Tiro con Arco.

En arco recurvo, Alvariño foi o mellor español nas tiradas previas, 23º con 652, Pablo Acha 46º con 645, e Antonio Fernández “Yiyo” 58º con 639. Moi mal lle foi a Miguel Ángel Pifarre, 127º con 595 puntos.

Nas roldas eliminatorias Alvariño venceu por un doble 6-4 ao estadounidense Matthew Requa, e ao Belga Senna Roos. Na terceira rolda caeu 2-6 co kazajo Sultán Duzelbayev.

Pablo Acha gañou 6-0 ao belga Jarno De Smedt, e despois obtivo unha vitoria de moito mérito 6-4 ante o xaponés Takaharu Furukawa, pero caeu na terceira rolda na frecha de desempate ante o austriaco Andreas Gstoettner 5-6. Yiyo perdeu na primeira eliminatoria 4-6 co mencionado kazajo Duzelbayev.

Non foi ben a competición por equipos masculinos, xa que España (Alvariño, Acha, Fernández), coa 15ª marca da previa, perdeu 1-5 con Eslovenia, 18ª, na primeira rolda eliminatoria.

Na competición por equipos mixta, España (Alvariño e Alicia Marín), coa 14ª marca da previa, venceu por 5-1 a Finlandia, perdendo en oitavos de final con Turquía 1-5.

Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios