Un comentario sen nova…

Ante a revolta que se xerou onte pola tarde, tras unha nova publicada nesta web, gustaríame recuperar este comentario de Manolo Camba.
Este feito é un número máis da longa lista de violacións na clandestinidade que todos nós imos contemplar impunemente.
Como saberedes, o xacemento non goza de importancia para as autoridades, é máis, molesta. Esa é unha das razóns da falta de vixiancia, sabendo como somos moitos de nós, xentes sen estudos, embrutecidas e con gañas de satisfacer ó poder… nobles con o amo e brutos con o povo e os seus sentimentos.
QUÉ FACER? Seguir activos, totalmente activos con espallamento deste xenocidio patrimonial, plantexando, creando frontes novos de actuacións. A impunidade da sua vindeira destrucción está destruida, a nosa musa maría josé caride xunto con o resto de peña está decidida a acabar con a molestia do xeito que sexa,,, si é que o fan os que vendrán a roubar pedras, pois moi ben, ou mesmo que veñan a darlles outra passada con os seus coches os de antes.
Dende logo, dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA, este feito non se vai esquencer.
Atentos ó numero 6 da nosa publicación O CAMIÑO DOS ARRIEIROS, que deixaremos nas Pontes moi pronto, nél faremos na súa portada outra denuncia máis deste feito imposible de crér.
Para rematar, quero animarvos, nas Pontes fican moitas cousas que rescatar todavía, e a xente TÉN AGORA QUE ESTAR MÁIS SENSIBILIZADA . Veña, a elaborar un catálogo delas e a pedir publicamente a sua protección oficial, estamos en época de eleccións. ESO PODE SER IDEAL.

También podría gustarte
Comentarios