Obradoiro de iniciación a Internet con Mozilla Firefox en Xermade
Lendo mancomun.org:
“A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza no concello lugués de Xermade un obradoiro de iniciación a internet a través de Mozilla Firefox. Este curso tratará sobre as funcionalidades básicas do navegador, ou o emprego de extensións e complementos e remata o próximo mércores. Está previsto a realización dun novo curso na última semana de xuño dividido en catro sesións diarias de 16:30 a 18:30 de luns a xoves. Para máis información podedes contactar coa persoa encargada do curso.”…
Fonte: mancomun.org