Amigus
As Pontes

Programa virtual das festas

Esta mañá, lendo de forma rápida a web, vín que o resultado da 1ª enquisa de amigus reflexa que a opinión maioritaria é que as festas de As Pontes “foron un desastre” (cun 27% apoximadamente).


Eu tamén son bastante crítico en xeneral, pero penso que a mellor crítica é a constructiva, por que nos axuda a todos a mellorar o que non nos gusta (aínda que ás veces as criticas sexan ignoradas). Penso que sería unha boa idea reflexar nesta web os propostas concretas dos amigus-navegantes acerca dos contidos que deberían configurar as festas da nosa vila. Por exemplo: “Eu quero que para o ano veña Tamara, pero a de hotel glamour…” ou “pois a min o que me mola mazo son as carreiras de cans con apostas incluídas…” en fin, hai tantos gustos coma cores pero se pode facer unha boa mestura.
Propoño o seguinte: como resposta a este post estaría ben que a xente escriba suxerencias concretas para o ano que ven. Así organizaremos un “programa de festas virtual”. Seguramente o 99’99% das propostas non sexan escoitadas polos responsables, pero polo menos axudarán a comprender por qué as festas da vila son “un desastre” ou por qué a xente non se decatou de que houbo festas. ¿Qué opinades?

También podría gustarte
2 Comentarios
  1. xan dice

    Boas. Creo q sería boa idea, e así poderíase facer unha enquisa virtual tamén para os resultados. A verdade é q éstas festas para o meu gusto non estiveron tan mal, pero tamén hai q dicir q non se puideron comparar coas das Somozas, por moito q me fastidie dicilo, dado q nas Somozas son 1.500 habitantes. un saúdo

  2. somede dice

    Olá!!!
    A min tampouco me pareceron tan malas (exceptuando a actuación do luns). Eso sí, o Concello infla un pouco as cifras, porque 120 rapaces no rollo dos Libros no Parque…. je, je… seica o concellal que os foi contar bebeu algo antes… porque eu pasei por alí cun neno e había uns 30… sendo xeneroso…
    Sobre as festas das Somozas, paréceme unha esaxeración que un pobo de 1.500 habitantes gaste tanto en catro días como As Pontes en 9. E para darllo a O.T e sucedáneos… Eles saberán, pero os cartos son de todos e eu prefiro dous festivais (un con sete grupos e outro con tres) e tres actuacións boas (Tamara, Celtas e Diplomáticos) antes que dous concertos de pouco máis dunha hora de xente que non ten puñetera idea de qué é a música nin fai vibrar á xente. Eso sí, á hora de cobrar,,,
    Penso que a xente votou sen pensar friamente. As festas serían mellores se viñesen Manu Chao, os Rolling e U2, pero debemos lembrar que para un pobo como As Pontes non estiveron mal (Se non, mirade Ferrol, que trae ós Hombres G cobrando é só venderon 300 entradas.

Deja una respuesta