Amigus
As Pontes

Escrito enviado ó Concello de As Pontes para tratar de buscar unha solución ós ataques da fauna salvaxe no rural

Escrito enviado pola Directiva da Federación de Asociacións da Área Rural de As Pontes “O Carabelo”


A SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE AS PONTES 

En representación da Federación de Asociacións Rurais de As Pontes “O Carabelo” con C.I.F. G15889181 e inscrita no Rexistro de Asociacións, co nº 94 da sección 2ª da provincia de A Coruña, por medio da presente: 

EXPOÑO: 

Que debido ós continuos ataques que está a sufrir a zona rural do concello de As Pontes por mor da fauna salvaxe, e ás continuas queixas por parte de gandeiros e veciños; 

SOLICITO: 

Unha xuntanza con vostede e o concelleiro responsable desas competencias, así como coas Xuntas Directivas dos diferentes cotos de caza que conforman o concello de As Pontes, para tratar de buscar unha solución a estos ataques que están a ser un problema grave no rural pontés. 

En As Pontes, a 4 de abril de 2019

Enviado pola Federación de Asociacións da Área Rural de As Pontes “O Carabelo” 


También podría gustarte
Comentarios