Amigus
As Pontes

III Campus de Rugby

O CR Fendetestas organiza o seu terceiro campus de verán, o III Campus de rugby Vila das Pontes.

O campus terá lugar do 2 ao 6 de setembro e entre as novidades desta edición destacan a ampliación do horario (de 10:00 a 18:00), o aumento das prazas dispoñibles (40) e a nova ubicación (campo artificial do Poboado).

Este evento está dirixido a nenas e nenos de 6 a 16 anos e ten un custo de 60€ para xogadorxs do club e de 70€ para o resto das persoas participantes.
Dentro das actividades que se levarán a cabo destacan, como non, a iniciación e o perfeccionamento no rugby, así como excursións, gymkanas, obradoiros de ciencia e tecnoloxía e unha noite de acampada coa súa correspondente velada.

O prazo de inscrición remata este venres, 23 de agosto. Máis información en fendecampus@gmail.com.

También podría gustarte
Comentarios