Amigus
As Pontes

Sete futbolistas do Clube Deportivo As Pontes adestran coa selección comarcal de Ferrol

Sete futbolistas do Clube Deportivo As Pontes están a adestrar estes días coa selección comarcal de Ferrol con vistas a participar no Trofeo Caixa Galicia 2009 no que a selección departamental competirá xunto a A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Pontrevedra e Ourense.
Os convocados son o media punta do equipo alevín Enrique Fornos (01-01-97), convocado pola selección sub12 de futbol 7, o media punta/interior esquerdo do equipo cadete Alex Cabarcos Souto (17-12-94), convocado pola selección sub15, e cinco xogadores do equipo xuvenil convocados pola selección sub17, o central/medio centro Borja Guerreiro Fornos “Abeás” (11-01-92), os tamén centrais Juan Donapetry Gómez (20-05-92) e Kiko González Rochela (29-05-1992), o medio centro ofensivo Xavier Pellón Rey (06-01-92) e o media punta Chus Cañizares Sánchez (24-02-92).


Borja Abeás
Borja-Abeas.jpg
Alex Cabarcos
2-Alex-Cabarcos.jpg
Chus Cañizares
3-Chus-Canizares.jpg
Juan Donapetry
4-Juan-Donapetry.jpg
Enrique Fornos
5-Enrique-Fornos.jpg
Kiko González
6-Kiko-Gonzalez.jpg
Xavier Pellón
7-Xavier-Pellon.jpg
Nova enviada por Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios