Sete futbolistas do Clube Deportivo As Pontes están a adestrar estes días coa selección comarcal de Ferrol con vistas a participar no Trofeo Caixa Galicia 2009 no que a selección departamental competirá xunto a A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Pontrevedra e Ourense.
Os convocados son o media punta do equipo alevín Enrique Fornos (01-01-97), convocado pola selección sub12 de futbol 7, o media punta/interior esquerdo do equipo cadete Alex Cabarcos Souto (17-12-94), convocado pola selección sub15, e cinco xogadores do equipo xuvenil convocados pola selección sub17, o central/medio centro Borja Guerreiro Fornos Abeás (11-01-92), os tamén centrais Juan Donapetry Gómez (20-05-92) e Kiko González Rochela (29-05-1992), o medio centro ofensivo Xavier Pellón Rey (06-01-92) e o media punta Chus Cañizares Sánchez (24-02-92).
Borja Abeás
Alex Cabarcos
Chus Cañizares
Juan Donapetry
Enrique Fornos
Kiko González
Xavier Pellón
Nova enviada por Xóse Ferreiro