Nunha mañá na que o máis salientable foi ver como os máis pequenos aguantaron estoicamente o chaparrón de auga, comezaron xogando os alevíns B que perderon 1-3 co Amistade de Meirás, gol de Jose. Derrota tamén dos prebenxamíns A perante o Portuarios de Ferrol por 1-4, gol de Mateo. Tamén perderon os infantís contra o Meirás por 1-2. A nota positiva da mañá foi a victoria dos Benxamíns A ante o Barallobre de Fene por 11-1, con 5 goles de Josiño Pico, 2 de Alex Canosa e Andrés e 1 de Antón e Martín.

Nova cortesía de Xóse Ferreiro