Plataforma: ¡¡ QUE SE ACLAREN !!

Contramanifesto da Plataforma ao comunicado da Xunta. Preme aquí para lelo


A Plataforma quere manifestar:
– Entendemos que neste comunicado existen unha serie de contradiccións:
No primeiro párrafo dise: “ As excavacións arqueolóxicas no círculo lítico da Mourela proseguirán….” E un pouco máis abaixo dise: “…máis alá do 10 de maio os restos arqueolóxicos do que orixinariamente era un círculo lítico”.
Ante isto xa non sabemos se a Dirección Xeral de Patrimonio considera que existe un círculo lítico ou se existen restos dun círculo lítico. ¡¡ Que se aclaren !!
No segundo párrafo manifestan: “ ata o momento do inicio real das obras no treito afectado ”. Se consideran que existe un “ treito afectado ”, ¿querrán dicir con isto que existe unha estructura arqueolóxica que impide a consecución das obras? ¡¡ Que se aclaren !!
No terceiro párrafo falase de “conxugar o ritmo dos traballos arqueolóxicos cos prazos de obra “. ¿Enténdese logo que o ritmo dunha excavación arqueolóxica debe vir dado polo ritmo de avance da maquinaria? ¡¡ Que se aclaren !!
O cuarto párrafo é de cachondeo chamanlle ao arqueólogo ortigueirés Federico Maciñeira, “ Fernando “. Isto denota unha clara falta de interés e de documentación pola súa banda. Non é de recibo que unha Dirección Xeral de Patrimonio se trabuque no nome dun arqueólogo tan coñecido na Galiza polas súas investigacións no campo da Prehistoria. Cecais o escribano cometeu unha torpeza. ¡¡ Que se aclaren !!
E xa no derradeiro párrafo lémbrannos que existen riscos de perde-los fondos da UE. ¿ E nos preguntámonos, pareceralle tan mal a Europa que defendámolo noso patrimonio ?. ¿ Haberá cartos para dentro duns meses, cando se realicen unhas excavación rigurosas para saber do que realmente estamos a falar? ¡¡ Que se aclaren !!
Plataforma Cidadá na Defensa do Circulo Lítico da Mourela
Comunicado da Consellería de Cultura

También podría gustarte
Comentarios