A Agrupación Agroalimentaria do Eume preséntase co obxectivo de impulsar o sector primario do Territorio

A Cooperativa Ponte da Pedra, ubicada no lugar de Queixeiro, Concello de Monfero, acollerá este mércores, 27 de outubro, ás 8 da tarde, unha reunión informativa na que a Agrupación presentará as actividades que están a desenvolver conxuntamente coa Asociación EuroEume na procura de mellorar a situación do agro local.


A Agrupación Agroalimentaria do Eume é unha entidade composta por labregos, cooperativas, sindicatos labregos, e persoas vencelladas directamente coas actividades relacionadas coa producción no agro. O seu traballo céntrase na búsqueda de novas fórmulas que permitan impulsa-lo sector primario do territorio, tanto a nivel da calidade dos productos obtidos, como de buscarlle novas saidas á producción.
Nesta reunión vaise realizar unha presentación do equipo técnico da Agrupación Agroalimentaria do Eume, así como dos seus obxectivos e programas agrarios. Entre estes proxectos figura o de promover e axudar na implantación de sistemas de “Producción Integrada” nos sectores de gandeiría e horta, cuio obxectivo é o de mellorar a calidade dos productos e limitar o uso de productos fitosanitarios.
Outro dos proxectos que está a desenvolver esta entidade refírese á comercialización dos productos de horta a través de varias vías alternativas ás xa utilizadas polos productores. Para dar saida á producción dos socios da Agrupación por un lado estase a realizar un estudo de comercialización coas tendas locais de comercio agroalimentario, por outro lado artéllase un “Grupo de Consumo” que comezará a funcionar en breve, tamén estase a traballar cos establecementos de restauración do territorio, e incluso contémplase a posibilidade de crear un punto de venta propio, e a de rexistrar unha marca de garantía que apoie ós diferentes productos locais de calidade.
Ó longo da reunión o equipo técnico da Agrupación informará das diferentes axudas “agroambientais” das que se poden beneficiar os labregos, e entregará os presentes documentación informativa ó respecto.
As persoas que queran acudir a esta reunión debense apuntar con anterioridade, posto que as plazas son limitadas. Os interesados pódense inscribir de xeito gratuito no número de teléfono 981798845, pertencente á Cooperativa Ponte da Pedra.
Cortesía de euroeume.org

También podría gustarte
Comentarios