Amigus
As Pontes

O 80 % dos galegos sostén que as TIC melloran o seu benestar

Lendo codigocero.com:
“A visión que os galegos teñen das novas tecnoloxías non se diferenza en gran medida da visión que ten a media de España, pero en Galicia hai unha serie de características propias que, cando menos chaman a atención: no noso país téndense a valorar máis os beneficios das TIC no traballo (en detrimento do fogar), as mulleres galegas están máis desinformadas có resto das españolas en tecnoloxía e, en liñas xerais, apóstase máis ca noutras comunidades por non deixar de lado á xente maior.”…


…”Estas e outras conclusións foron presentadas este martes en Santiago (Hotel Hesperia Peregrino) por Intel, un dos maiores fabricantes de procesadores do mundo. Isabel Lama, directora de consumo da firma, fixo público o Estudo sociolóxico sobre a actitude e comportamento dos españois cara as novas tecnoloxías, realizado por TNS-Demoscopia. Segundo este informe, o 80 % dos galegos sostén que as novas tecnoloxías melloran o benestar dos cidadáns.”…
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios