¡Chegouche a hora…Cogumelo!

O 1 de novembro As Pontes celebra a XV Edición da súa Feira de fungos e Cogumelos. Os afeccionados á micoloxía sairán durante estes días ó monte para recolle-los exemplares máis saborosos.

cartel_fungos.jpg

Pero os que queiran atopalos máis doadamente, sobre o prato e perfectamente preparados, teñen unha cita neste concello o día de Tódolos Santos.


Este é o programa Completo:
– De 9’00 a 10’30 – Presentacón de cetas ó concurso de Fungos.
As cestas estarán expostas ó público ó longo de toda a mañá no Patio do colexio Santa María.
-De 10’30 · Apertura das Exposicións.
·No recinto da Feira.
Casetas con venda de productos ecolóxicos e de Outono.
V Feira do mel Artesán. Organiza Aga Eume.
·Na sala de exposicións do Mercado Vello.
Traballos realizados por escolares “O mundo da micoloxía”.
Mostra fotográfica III Fotofungo.
-De 12’30 · Entrega de premios do concurso de cestas con fungos e cogumelos. (os menús serviranse das 12’30 a 14’30 na carpa situada no colexio Santa María).
Amenizará a feira os grupos A.C. Alende e A.C. Os Trevillas.
-18’00 no cine Alovi. Concerto Folk coa actuación do Grupo Chiculate.
COCIÑA DE COGOMELOS.
Xoves 4 de novembro.
Degustando Cogumelos, xornada de introducción ó mundo da micoloxía e a súa cociña.
Venres 5 de novembro.
Perfeccionando a cociña dos Cogumelos, xornada para os xa iniciados na cociña dos cogomelos; realizaranse pratos con cogomelos e productos da tempada.
As clases serán impartidas pola micóloga Catalina Fernández de Ana Portela.
OUTRAS ACTIVIDADES.
V xornadas apícolas do Eume: do 27 de outubro ó 1 de novembro.
Con obradoiros de cera e mel, conferencias, visitas guiadas á Casa do Mel e Feira do Mel Artesán. Organiza AGA Eume.
Celebración do Samaín. Sábado 30 de Outubro. A partir das 18’30 na Vila. Organiza Asociación pro-feira medieval coa colaboración de entidades culturais e veciñais do Concello.
XIII Mostra Folclórica Vila das Pontes. Domingo 31 ás 19h no Cine Alovi. Na actuarán a:
-Agrupación Xoula de Perlío.
-Norfolk de Ferrol.
-Os Trevillas de As Pontes.
-A.C. Alende.
Organiza: Concello das Pontes; Concellería de Cultura.
Colaboran: AGA-Eume; Asociación Local de Amas de Casa, A.Volunarios de Protección Civil e REsidencia Xeriátrica A Magdalena.
Cortesía do Departamento de Cultura do Concello das Pontes de García Rodríguez

También podría gustarte
Comentarios