A Agrupación Coral Endesa celebra o 1 de maio os 30 anos de historia
Lendo vieiros.com:
“Os integrantes da coñecida Agrupación Coral Endesa-As Pontes celebrarán o vindeiro 1 de maio o seu trixésimo cumpreanos. Para ese día están previstos varios actos, a maioría deles na Igrexa do Poboado, e tamén un xantar de confraternidade en Vilalba.”…
…”Os actos comezarán ás doce do mediodía, cunha misa adicada especialmente ós coralistas xa desaparecidos. Media hora máis tarde ofrecerán un concerto na Igrexa do Poboado, e á unha e media inaugúrase no Mercado Vello unha exposición cós trofeos e recordos da vida e viaxes da masa Coral. Seguidamente os participantes nesta celebración achegaranse ó Hotel Villamartín para o xantar e o baile.
A Agrupación Coral Endesa-As Pontes fundouse en marzo de 1.974. O primeiro concerto tivo lugar precisamente o 1 de maio dese ano nas Pontes. A maioría dos seus compoñentes foron traballadores do complexo de Endesa no propio municipio.
Ò longo da súa historia ten actuado en grande parte de Galicia, e en diversos lugares do resto de España, incluso fora da península, en Baleras, as Illas Canarias, Ceuta e Melilla. Tamén ofreceu o seu recital en Suiza.
Interveu en varios programas de Radio Nacional de España en Madrid e A Coruña, en Radio Zaragoza, Radio Ponferrada, radio Cadena Española de Santa Cruz de Tenerife e Antena 3 Almería. Tamén gravou tres discos de longa duración, un de música popular galega e os outros dous de obras de Polifonía Clásica.
Obtivo varios premios, como o primeiro do Certame de Masas Coráis de Foz (Lugo), o premio Especial de Polifonía Rexional no XXX e XXXI Certame de Habaneiras e Polifonía de Torrevieja.”
Fonte: vieiros.com