A Armada dos EE. UU. merca Linux correndo sobre Apple
Lendo codigocero.com:
“Apple acaba de facer a súa meirande venta de servidores Xserve gracias a Linux. Terra Soft Solutions acaba de anunciar que Lockheed Martin mercará 260 servidores Xserve con Yellow Dog Linux, con destino ós submarinos da US Navy.
Os clústers (ordenadores en paralelo traballando) que irán nos submarinos serán usados para procesamento de imaxes en tempo real.”…
…”O acordo supón un desembolso de 1.9 millóns de dólares só en hardware. En realidade, a compañía de Colorado non é ningún estraño no tema do HPC (Computación de Alto Rendemento) usando tecnoloxía PowerPC.
A Armada amosou interese por un chasis Xserve, e o traballo foi organizado por Terra Soft, que empregou outra empresa para modificar o hardware. Terra Soft subministrou un kernel feito á medida e drivers para o almacenamento Fibre Channel. Terra Soft ten unha relación única con Copertino: son os únicos revendedores de Apple no mundo con licencia para instalar un sistema operativo no-Apple.”
Fonte: codigocero.com