A Arousa Party promoverá o Software Libre coa colaboración de Mancomun.org
Lendo mancomun.org:
“A Arousa Party 2007, evento de promoción das tecnoloxías da información e da comunicación, contará con diversas actividades de promoción de Software Libre. Cabe destacar a charla que Mancomun.org ofrecerá o día 1 de xuño presentando a Iniciativa Galega polo Software Libre. Ademais os asistentes recibirán unha copia do conxunto de aplicacións ofimáticas OpenOffice.org.”…
…”A Arousa Party celebrarase entre os días 1 e 3 de xuño. Está organizada por A.I.R.B.A.G (Asociación de Internautas das Rías Baixas Galegas) e terá lugar no recinto feiral arousán Fexdega. Ademais das actividades relacionadas co Software Libre a party conta cos habituais concursos de videoxogos e charlas de introdución a diversos aspectos das tecnoloxías da información. “…
Fonte: mancomun.org