Os científicos afirman que chegarán a comezos de 2012
Nos últimos meses o número de avistamentos OVNI continuou aumentando. A semana pasada un comité de expertos da SETI, organización científica vencellada á NASA fixo público a través do seu portavoz o recoñecido científico John Malley, que as tres naves espaciais xigantescas diríxense arestora hacia a Terra. A máis grande delas mide uns 240 quilómetros de ancho. As outras dúas son lixeiramente máis pequenas. Neste momento, os obxectos están a pasar pola órbita de Xúpiter, e a xulgar pola súa velocidade deberían estar sobre a Terra a principios de 2012.
As naves espaciais foron descubertas polo sistema de búsqueda do HAARP. O sistema, con base en Alaska, foi deseñado para estudar o fenómeno da aurora boreal. Segundo os investigadores da SETI, os obxectos son naves espaciais extraterrestres. Afirman que serán visibles a través de telescopios ópticos en canto acaden a órbita de Marte con moita probabilidade en marzo de 2011.
Ataque a escala mundial
Hai unhas poucas semanas a polémica Wikileaks liberou varios documentos secretos que demostran que a NASA e altos funcionarios do goberno estadounidense coñecen a existencia das tres naves espaciais e están a prepararse ante un eventual ataque a gran escala. Wikileaks revela ademais que o goberno estadounidense ocultou información durante décadas sobre a existencia de vida extraterrestre. Varios cables intervidos recentemente sinalan tamén un aumento no número de avistamentos OVNI nos últimos tres meses deste ano 2010.
O comezo da invasión
De confirmárense as predicións da SETI, coa chegada do 2012 poderiamos estar ás portas dun eventual ataque masivo extraterrestre. Diversas fontes como WWN revelan que as Nacións Unidas están xa a preparar os protocolos para posibles situacións de emerxencia nuclear en todo o planeta.