A Biblioteca Municipal das Pontes acolle as xornadas das Letras Galegas organizadas por Hume
A asociación de Estudos Históricos Hume vén de presentar o cartel das xornadas que organiza de xeito anual para celebrar o mes da lingua galega, que este ano está adicado ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra.
O ciclo de conferencias comezará o vindeiro venres día 23 coa intervención de Esperanza Piñeiro de San Miguel e que falará das lendas na nosa comarca. O venres día 30 será o turno de Bernardo Penabade Rei, que a través da proxección do documental audiovisual Modelo Burela, falará do paradigma da comunicación lingüística.
A intervención deste venres 16 tivo que ser aprazada por indisposición do poñente, Juan Permuy Alvariño (D. Juan). A súa intervención versará sobre a ensinanza nas últimas décadas no concello das Pontes.
As conferencias darán comenzo ás oito e media do serán.