A calor intensa pode danar os discos duros

Lendo codigocero.com:
“Xa o sabíamos: as vagas de calor non son boas nin para conciliar o sono, nin para a axilidade mental de persoas e animais nin tampouco para a estabilidade térmica dos faiados (as casas semellan estes días infernos ó revés: o realmente tórrido está canto máis sobes). O que se cadra non tiñamos tan claro é que as temperaturas elevadas tamén son negativas para os discos duros dos computadores, e máis vale en certos casos que vaiamos tomando medidas, posto que xa se sabe que a información aí albergada é para moitas empresas e usuarios particulares o seu valor máis prezado (e non se trata de poñerlle xeo ó computador).”…


Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios