Amigus
As Pontes

A Cámara de comercio crea nas Pontes unha delegación e un observatorio económico

Lendo diariodeferrol:
“A Cámara de Comercio e o Concello das Pontes alcanzaron un acordo para crear neste municipio unha oficina de atención local ás pequenas e medianas empresas da comarca do Eume. Esta delegación localizarase en dependencias municipais.”…


…”Tamén se decidiu establecer un observatorio económico, de acordo coas agrupacións empresariais, asociacións e persoas de prestixio na zona. A fin é analiza-las necesidades das empresas do entorno e adecuar así os servicios. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Antenas, un plan estatal das Cámaras para descentraliza-las súas actividades.
Á fronte desta oficina situarase un responsable formado ó efecto pola Cámara. Ata o vindeiro 2 de xaneiro manterase aberto o periodo de presentación de candidaturas para os aspirantes a ocupar este posto, sempre que reúnan os requisitos esixidos de titulación e experiencia. Para obter máis información sobre esta oferta pode consultarse na páxina web www.camaradeferrol.org.
Financiación precisa
O presuposto estimado polo ente cameral para o funcionamento desta antena sitúase nuns 50.000 euros anuais, ós que hai que engadir 19.000 máis para a súa posta en marcha o primeiro ano. Estas cantidades serán aportadas nun 70% polo Fondo Social Europeo e o 30% restante a partes iguais entre o Concello e a Cámara ferrolana.
Criterios xeográficos, demográficos e de texido empresarial decantaron a elección das Pontes para esta oficina, ademáis de que a zona está afectada pola reconversión da minería e é obxectivo prioritario para crear emprego.
Esta antena atenderá a máis de 2.000 empresas do Eume, caracterizadas pola súa reducida dimensión e unha facturación que en máis dun 60% dos casos non supera os 60.000 euros. Fai un mes acadouse un acordo similar en Ortigueira.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios