Amigus
As Pontes

As Pontes, referente en Galicia no uso das enerxías renovables

Lendo diariodeferrol.com:
“Celebrouse na vila unha xornada monográfica sobre o tema, na que quedou inaugurado o primeiro módulo expositivo da Casa da Enerxía
As Pontes será durante o próximo ano o Concello español que máis empregue as fontes de enerxía renovable como medio de abastecemento eléctrico ou de auga quente. Asegurouno este luns o responsable da Forga-CIG, Antón Casal, que deu conta no transcurso da xornada de enerxías renovables das instalacións que están xa montadas neste municipio.”…


…”O Concello pontés e o centro formativo xestionan a posta en marcha de novos obradoiros, que continuarán completando e incrementando as instalacións xa existentes na vila.
As xornadas sobre enerxías renovables convertíronse nun foro para analizar a teoría e a práctica local nesta materia. Comezou a tarde cunha ponencia da Cooperativa de Educación Medioambiental, centrada no presente e futuro das fontes alternativas de abastecemento.
Actualmente en Galicia emprégase maioritariamente a enerxía hidráulica e a eólica, e ambas terán nos próximos anos un maior desenvolvemento, por unha banda coa creación de minicentrais en diversos ríos, e cunha maior implantación de parques eólicos. Pero tamén se está a investigar noutras áreas, como a enerxía solar fotovoltaica e térmica, a maremotriz, a biomasa e a xeotérmica.
Importancia do aforro
Aínda así, se advertíu que o aforro é unha cuestión vital para reducir o impacto ambiental que ocasiona o actual consumo enerxético. Mellorar o illamento nas vivendas ou utilizar os electrodomésticos dun xeito máis eficiente son algunhas ideas para conseguir un aforro importante.
A segunda parte das xornadas centrouse en falar da realidade local. Nas Pontes existe un gran número de instalacións que empregan estas enerxías para dar electricidade e auga quente a edificios e zonas públicas.
O Concello e o centro de formación da Forga subscribiron un convenio que ten como obxectivo, por unha banda, a formación laboral de traballadores locais nesta materia, e por outra, que as prácticas se realicen cunha aplicación real, así como optimizar instalacións do Concello. Se trata de que o seu subministro non dependa exclusivamente do abastecemento de Fenosa, senón que teñan menos gasto coa axuda de placas solares ou aeroxeradores, e incluso que se poida vender enerxía eléctrica á rede.
O responsable deste centro fixo unha explicación pormenorizada de tódalas realizacións neste marco, que se reparten no polígono dos Airíos, en varios núcleos rurais, nos Alimpadoiros, na gardería municipal, o pavillón polideportivo, na Casa da Enerxía, no centro de Educación Medioambiental, na Casa Dopeso, centro de saúde e no propio local da Forga.
Proposta educativa
Na última parte das xornadas, o Concello fixo a proposta ós profesores de elaborar materiais didácticos para que os rapaces coñezan a realidade enerxética da vila. A institución municipal comprométese a aportar asistencia técnica, e publicar este material.
Francisco da Silva, concelleiro de Desenvolvemento Sostible, salientou que os máis novos deben coñecer estes temas para conseguir unha maior sensibilización. Con este obxectivo preténdese elaborar unha serie de unidades didácticas. A idea municipal é que ó longo de xaneiro os colectivos de mestres presenten no rexistro local as súas propostas, e logo comezar a traballar nas máis interesantes.
O Concello pretende compaxinar este aspecto formativo cun aproveitamento turístico, no que se define como o Parque Temático da Enerxía.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios