A escultura de Rivera tivo que volver ao taller

[La Voz de Galicia] A escultura elaborada polo artista ourensán Buciños para recordar ao fundador da empresa Estrella Galicia, José María Rivera Corral, e que foi inaugurada este verán en As Pontes, vila natal de Rivera, foi vítima tamén dos vándalos. Tanto que a obra tivo que ir de volta ao taller de Buciños para reparala. A escultura está de novo á beira do río Eume. Este é so un episodio da ouleada de actos vandálicos en As Pontes. Nas últimas semanas desapareceu un banco no barrio da Casilla, onde arrincaron árbores novos. As pintadas son habituais tamén nos edificios públicos.

También podría gustarte
Comentarios