Amigus
As Pontes

A maioría das webs dos concellos galegos non ofrecen servizos de interese ós cidadáns, segundo un estudo do CCG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo codigocero.com:
“A meirande parte das webs dos concellos de Galicia están orientadas cara a promoción turística, esquecendo case por completo a habilitación de novos servizos cara os cidadáns. Este e outros datos despréndese do estudo desenvolvido entre xaneiro e abril deste ano polo Consello da Cultura Galega a través do seu Observatorio da Cultura Galega.”…


…”Segundo esta investigación, o 45% das cámaras municipais do noso país tiñan presenza na Rede, un total de 141 (de 315). Detrás da sección “saúda do alcalde” (presente, segundo o CCG, no 60 por cento dos sitios analizados), o contido máis habitual “é a información básica sobre o concello, coa localización xeográfica, a historia e outros datos”, sinala o responsable do estudo, Miguel Valverde.
O autor da investigación manifesta ademais que nótase “unha forte tendencia a querer facer unha promoción do concello na maioría das webs, pero apenas unha vontade por levar as novas tecnoloxías ós cidadáns”. Polo que respecta ós servizos, afírmase que o máis habitual é o da información sobre medio ambiente, “o que responde ó carácter rural de grande parte do territorio galego”. A posibilidade de descargar os Plans de Ordenación Urbana é a segunda utilidade que máis se ofrece, seguidos de transportes ou seguridade cidadá.
O estudo aporta ademais o seguinte dato: os sitios en Internet das cámaras municipais presenta problemas a múltiples niveis: “A nivel de deseño nótase un desleixo en canto a contidos o problema mais grave é precisamente a falta de contidos. Agás as webs das entidades cunha poboación mais elevada, coma as grandes cidades, as demais carecen de información precisa ou rigorosa, ademais ofrécense poucos servizos ao cidadán”, engadiu Miguel Valverde.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios