A pontesa Silvia Argüello publica un e-book con licenza CCL

Trátase dun libro que se publicou en abril deste ano, pero que ten unha versión en liña baixo licenza CC, podedes baixalo dende a páxina do editor en http://www.editions-ere.net/projet55 nesta páxina ir á ‘zone logs’ para descargar o contido do libro.

zone-2.gif


Ela mesma explícanos o contido do mesmo:
“É unha selección de textos, artigos, obras de arte, e fragmentos dun relato de ciencia ficción, todo mezclado intenta ofrecer unha visión das prácticas artísticas dixitais o que inclúe forzosamente temas de licencias dixitais, socioloxía da rede, e por suposto formas e formatos da arte dixital. É un proxecto moi libre, moi aberto, xa que non tiñamos restriccións do editor e non se trata tampouco dun libro académico, ademais do feito de que somos dous artistas os que o propoñemos 😛 con toda a liberdade que eso nos ofrece. Na nosa páxina atoparedes mais información http://www.audfiolib.org
Sinto que estea todo en francés, andamos agora mesmo coas traduccións ó inglés, e non sei se poderemos traducilo ó castelán, incluso o galego quizais, pero parece que mentres non hai problema con outros idiomas sen embargo as editoras españolas non están moi interesadas nestes temas. Que se lle vai facer, parece que non encaixamos en ningún perfil! nin sociólogos, nin informáticos, nin teóricos, nin xornalistas, nin historiadores nin economistas… parece que os artistas non somos útiles en españa jejejeje :-DD”
Pois nada Silvia, noraboa e a seguir traballando igual de ben. Nós dende amigus.org apoiarémoste no que poidamos.
Máis información en amigus.org

También podría gustarte
Comentarios