A Torre de Pisa someterase a unha nova restauración

Lendo elmundo.es:
“A Torre de Pisa será sometida a labores de restauración, debido a que a superficie de mármore está deteriorada por formacións calcáreas causadas pola choiva segundo informou o consorcio que xestiona o monumento.”…

pisa.jpg


…”A restauración centrarase na parte inferior do monumento, o primeiro dos oito segmentos nos que se divide o edificio, e seguirá o modelo de restauración xa aplicado na parte superior, na que se atopa o campanario.
En decembro de 2001 o monumento reabriuse ó público tras case 11 anos de traballos para evita-lo risco de desplome, que lograron poñer a salvo o edificio. Posteriormente, en outubro de 2003, comezaron os estudios para coñece-lo estado de conservación da pedra e o mármore que cubren a superficie da torre, como pasou previo á súa limpeza.
A degradación da superficie exténdese a case 2.000 metros cadrados, localizada sobre todo nos capiteis que adornan o monumento, e se debe a formacións calcáreas que poden acarrea-la disgregación dos mármores que o cubren.
Os traballos de restauración comezarán a vindeira semana e durarán ó redor de 10 meses, nos que a torre permanecerá visible ó público, xa que está previsto que os andamios se ubiquen ó principio na parte este, para logo cubri-la oeste, de maneira que tapen só parcialmente o monumento.
A restauración da superficie do famoso edificio construido no século XII será financiada polo ministerio de Cultura e diversos organismos loacis e terá un custe de catro millóns e medio de euros (uns 5,4 millóns de dólares).”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios