A UDC anuncia a posta en marcha dunha oficina e un portal web de software libre

Lendo codigocero.com:
“A Universidade da Coruña (UDC) semella estar mergullada en pleno proceso de divulgación do emprego do software libre entre a comunidade estudantil. Así se desprende das declaracións do reitor, José María Barja, quen anunciou este xoves 27 a inminente creación dunha Oficina de Software Libre, un portal web institucional e máis a personalización dun desenvolvemento GNU/Linux adaptado ás necesidades dos alumnos e profesores da UDC e redactado en galego.”…


…”Estas novidades foron dadas a coñecer durante a presentación doutro proxecto (xa consumado e xa visible) que tamén toca de preto ós interesados galegos no código aberto. Trátase do Libro Branco para o uso do software libre nos ámbitos da docencia, investigación e administración da Universidade da Coruña.”…
Fonte: codigocero.com

También podría gustarte
Comentarios